P
Rubén Berto Covelo

Rubén Berto Covelo

Facilitador en A CañizaNatura 2017

Participa facilitando talleres de cestería para adultos y niños en el espacio “Me expreso con alegría” dentro de este encuentro de vacaciones creativas en la naturaleza. Unas vacaciones creativas únicas en Galicia, donde podrás experimentar otra forma de acercarte a la naturaleza.

Arte e tradición vexetal e a miña vida, son investigador e divulgador da cestería detrás da experiencia:

O meu derradeiro proxecto foi a colaboración no evento internacional EcoGalia, 1º Salón de la Ecología de Galicia, cunha exposición de cestería tradicional e artística e unha conferencia titulada: Os camiños das Fibras Vexetais

Dende novembro de 2012 ata xaneiro de 2016 traballei para a Fundación Liste Museo Etnográfico de Vigo como mestre artesán de cursos de cestería, monitor-guía de museos e coordinador das montaxes de axposicións de artesanías no Centro de Artesanía Tradicional de Vigo.

Complemento esta actividade colaborando e traballando con distintas entidades, Deputación de Pontevedra, Concello de Allariz, Concello de Nigrán, Entidade Menor de Bembrive, Concello de Vigo, Xunta de Galicia……etc, sempre en actividades relacionadas co mundo da cestería e os oficios tradicionais.

Tamén imparto cursos de cestería en Concellos, Asociacións, Centros Culturais e Colexios de Infantil e Primaria.

Participei xunto a outros cesteiros en proxectos como nos Espazos On-off da Cidade da Cultura de Galicia, no Festival Internacional de Xardíns de Allariz ou na contrucción da Arbore da Senda para o Parque Botánico do Rio Eifonso, Bembrive.

 

teléfono 630 562 459 
ACTIVIDADES QUE FACILITA

OBRADOIRO DE PEQUENA CESTERIA

Neste obradoiro está orientado para persoas de tódalas idades (nen@s a partir de seis anos).

Cada participante creará coas súas propias mans un pequeno cesto, dende seu comezo ata  o remate, empregando técnicas  tradicionais vernáculas.

A concentración, a socialización e a creatividade son estimuladas no proceso de realización da peza sumando a satisfación final de ver a capacidade que temos de poder crear obxetos útiles e de gran beleza, coa habilidade manual que aínda reside en nós.

A Cesta das ofrendas

Obradoiro orientado para maiores.

Empregando as varas da sagrada pranta do vimbio, salix viminialis, usadas dende antigo polas súas propiedades medicinais para a nosa saúde e a súa grande flexibilidade para a creación de todo tipo de construccións, cada participante no obradoiro creará a súa Bandexa das ofrendas.

Neste tipo de arte, enrroscar e trenzar fibras vexetais, estimúlase tanto a coordinación e unión entre pensamento e mans, como a creatividade persoal de cada ser.

H O R A R I O S

SÁBADO 15  | 16:00 a 18:30 Taller de cestería adultos y niños facilita Rubén Berto

LUNES 17     | 16:00 a 19:00 Taller Cestería – adultos- facilita Rubén Berto

Shares
Share This