P
Nekane Fernández

Nekane Fernández

Facilitadora en CañizaNatura

Participa facilitando talleres de Clown para adultos y  teatro para niños, ambos dentro del espacio “Me expreso con alegría”, en este encuentro de vacaciones creativas en la naturaleza. Unas vacaciones creativas únicas en Galicia, donde podrás experimentar otra forma de acercarte a la naturaleza.

Nekane Fernández: ao mesmo tempo que estudaba a carreira de psicoloxía, alá polos anos 80, cursei estudos de teatro nunha escola de Coruña, Danthea. Logo comecei a traballar con marionetas en diferentes compañías e máis tarde, xa en Santiago, como actriz profesional en teatro, televisión e, ocasionalmente, en cine. Mais estas dúas liñas, a psicoloxía e o teatro sempre existiron, e por tempos alonxeime e achegueime a cada unha delas. Fixen un doutorado en Teatro e pouco a pouco esas dúas liñas convertíronse nunha  soa, a que hoxe me ocupa.

Considero o teatro como unha oportunidade de traspasar a personaxe que representamos habitualmente na vida, tan limitado, para chegar a outros aspectos máis profundos, escondidos, e que están agardando a ser vistos, aceptados, integrados e expresados. Por tanto, o teatro é un dador de vida, un canal para expresar o que non fas habitualmente. Un modo de facer visible o invisible dun xeito singular e único.

Sempre recordarei como momentos especialmente vitais e felices na miña vida, os cursos de Teatro aos que teño asistido: clown, cabaret, teatro do oprimido, interpretación; tamén agora coa fomación gestalt…momentos nos que das un salto do cotidiano cara a unha experiencia emocionante, chisporroteantemente intensa, e amplificadora do teu ser.

Agora teño a ilusión de ensinar o que aprendín, e estas experiencias me guían. Poder axudar a que a persoa multiplique as suas posibilidades de expresión e atope os seus dons e tesouros, esta é unha das miñas paixóns. A outra, traballar como actriz e ter experiencias que me leven a visitar e mostrar as miñas paisaxes interiores.

teléfono 653 474 085
email capes36@hotmail.com
 
https://nekanefdez.wordpress.com/ 
ACTIVIDADES QUE FACILITA

_TFV4443TALLER DE TEATRO PARA NENOS

A través do teatro, os nenos pódense poñer en contacto con ese lado máis desfavorecido na nosa sociedade: o lado do afectivo, os sentimentos, a intuición e a creatividade.

No teatro todo é posible, transgrédense os principios da vida cotiá, un neno pode volverse forte e valente ao xogar un personaxe.

O teatro fomenta a imaxinación e a creatividade co obxectivo de dotar aos nenos de recursos para enfrontarse a situacións inesperadas ou complexas.

DSC01460

CLOWN E RISA PARA ADULTOS

Para expandirse, divertirse, contactar cos demais, superar o ridículo e reconectar co nen@ inocente que levamos dentro. Para aceptarnos un pouco mellor.

Consiste en descubrir o teu lado divertido. O clown vive apaixoadamente. É espontáneo, curioso, e ten un grande desexo de xogar e experimentar, de comunicar e de mirar para diante.

É o clown transgresor que fracasa, se érguese e sigue adiante facendo do fracaso un éxito. É creador, provocador de risa, sensacións e emocións.

Neste taller poderás ir construíndo unha personaxe partindo das propias peculiaridades. Darte conta de aspectos menos coñecidos e aceptados e logo miralos dende a tenrura, a poética e o sentido do humor.

HORARIOS

Martes 18 de Julio – Adultos
10:00 a 11:45 Taller Clown facilita Nekane Fernández

Martes 18 de Julio – Niños y Jóvenes
12:15 a 14:00 Taller de Teatro creativo facilita Nekane Fernández

Miércoles 19 de Julio – Niños y Jóvenes
12:15 a 14:00 Taller teatro creativo facilita Nekane Fernández

Jueves 20 de Julio – Niños y Jóvenes
12:15 a 14:00 Taller teatro creativo facilita Nekane Fernández

Viernes 21 de Julio – Niños y Jóvenes
10:00 a 11:45 Taller teatro creativo facilita Nekane Fernández

Shares
Share This